Monster Match
Uns monstros glotóns queren acabar cos donuts, Quén será o que máis monstruos atrape?
Un xogo rápido e divertido de observación e rapidez no que o obxetivo é atrapar mostros e conseguir o maior número de puntos. Cun práctico formato en bolsa para poder levalo a donde queiramos.
COMO SE XOGA?
Colocamos a carta poff no centro e as cartas de mostros aleatoriamente arredor desta.
O primeiro xogador ou xogadora tira os dous dados, un dado indicanos un número e o outro indicanos unha parte do corpo (Brazos, patas, ollos,...). Se por exemplo nos sae un 2 nun dado e no outro dado ollos teremos que intentar atrapar aos mostros que teñan estas características. Xógase sen turnos, todos á vez buscamos e collemos para a nosa pila os que vaiamos atopando. Senón hai máis mostros que cumplan coa característica colocaremos a mán en Poff e poñeremos de novo outras 10 cartas sobre a mesa.
E así seguimos xogando ata que rematen as cartas do mazo. Unha vez reamtemos teremos que contar os donuts que aparecen na parte de abaixo da carta para saber quén foi o gañador. Aquel que teña máis donuts gaña.
CONTIDO:
- 55 cartas
- 1 ficha poff
- 2 dados
- Instrucións
Gústanos porque é un xogo rápido, divertido e apto para xogar en familia, na escola ou entre amigos. Traballamos a atención, a rápidez, a observación, concentración, axilidade visual e primeiros conteos.
Editado por Mercurio Distribuciones.
De 2 a 6 xogadores.
Recomendado para máis de 6 anos. Nós promábolo con grupos de 5 anos e funciona perfectamente.