Cartas oudordodo
Quén será o primeiro en atopar a Dodo?
Un xogo de cartas rápido e divertido de deducción no que teremos que atopar a Dodo con preguntas precisas. Quén o atopará?
COMO SE XOGA?
O xogador ou xogadora máis novo ou nova esconde a Dodo debaixo dunha carta mentras os outros non miran.
O resto dos xogadores comezan a preguntarlle para intentar averiguar onde está agochado. Por exemplo : Na casa hai un animal con bigote?. Se a resposta é sí xíranse todas as cartas nas que hai animais con bigote. Se a resposta é non xiranse as cartas nas que os animais non teñan bigote. Así ata atopar a Dodo.
O xogador ou xogadora que a atope recibe unha ficha de punto. E agora tócalle agochar a Dodo.
O xogador ou xogadora que consiga 5 fichas de punto gaña.
CONTIDO:
- 24 cartas
- Instrucións.
Gústanos porque xogando divertímonos. Xogando desarrollamos a atención, memoria, deducción, concentración, estratexia e o respeto de turnos. O seu pequeno formato e práctica caixa de almacenaxe permitenos levalo a cualquera sitio.
Djeco, unha marca francesa, que leva fabricando xoguetes desde o 1954. O seu deseño, calidade e variedade convertena nunha marca imprescindible. Os seus xoguetes de madeira, cartón ou tela se caracterizan pola súa calidade e o seu colorido. Os seus productos distribúense en máis de 60 países. Deseñado en Francia, fabricado en China.
Recomendado para máis de 4 anos.
De 2 a 4 xogadores.