Aracatanga
O volcán Aracatanga ameaza con entrar en erupción e catro personas están de excursión pola selva. A única saída é o río. Conseguirano?
Unha excursión pola selva, un grupo de surpervencia ben preparado para achegarse ao volcán Aracatanga. Pero de repente un temblor invade a selva. O lugar xa non é seguro e deben abandoar a selva, hai moitas saídas pero só o río é a máis segura. Será preciso construír un barco para fuxir navegando polo río. Un xogo no que teremos que ir conseguindo recursos para sobrevivir na selva mentras preparamos todo para escapar. Cada xogador terá unha misión e a suma de todas elas fará posible a fuxida. Para conseguir recursos será preciso realizar operacións matemáticas co que indican os dados e así obter o número que nos permita conseguir o recurso.
Consta de dúas fases:
- Fase de supervivencia na que teremos que ter como mínimo 1 madeira e 1 folla para poder coller auga e peixe.
- Fase de preparación da viaxe, só pode iniciarse cando consigamos lume e alimento na fase anterior. Unha vez todos os xogadores cumplan as súas misións con que un de eles chegue ao barco será suficiente.
Con tres niveis de dificultade:
-Nivel básico: para aqueles ou aquelas que están aprendendo a sumar e restar.
- Nivel intermedio: para os que xa saben sumar e restar.
- Nivel avanzado: para os que saben multiplicar e dividir. Se logramos conseguir todos os recursos conseguiremos o obxetivo, escapar da selva.
Se cooperamos e nos axudamos será máis sinxelo logralo. Pero non remata ahí se xiramos as tarxetas de misións poderemos practicar o cáculo mental con mini xogos de misións especiais rápidos que poden xogarse en modo individual, en grupo ou cooperativo. Podedes inventarvos con estas tarxetas os vosos propios mini xogos matemáticos.
Gústanos porque traballamos o cáculo mental de forma divertida, razoamento lóxico, observación e cooperación.
Os xogos de Brazolinda están deseñados e fabricados de maneira artesanal en Galicia, neles mestúranse sempre o lúdico e o educativo. Importante: As instrucións están en galego.
Recomendado para más de 6 anos.
De 1 a 4 xogadores.