Xogos de mesa La escalera encantada de Devir Iberia
La escalera encantada-Devir Iberia
La escalera encantada-Devir Iberia
La escalera encantada-Devir Iberia
La escalera encantada-Devir Iberia

La escalera encantada

Sen Stock
€30,00
IVA incluido

Quén será o primeiro en chegar ao alto da escaleira encantada e asustar ao pantasma que vive alí?

A escalera encantada é, xunto ao Laberinto mágico, un dos grandes éxitos da prestixosa editorial Drei Magier, en España editado por Devir Iberia. Un xogo familiar divertido e pantasmagórico no que teremos que chegar ao alto da escaleira encantada e asustar a pantasma que habita alí. Pero ollo! a pantasma tamén xoga e poderá convertervos en pantasmas mentres subides as escaleiras. Terás que ter moi boa memoria para lograr gañar a partida. Un sinxelo xogo ideal para introducir aos máis e as máis peques da casa nos xogos de mesa.

COMO SE XOGA?

Colocamos o taboleiro, cada xogador elixe o seu peón e a súa ficha de madeira. Colocamos os peóns na saída. O xogador máis novo comeza a partida, tira o dado:

- Se sae un número o peón moverase tantos chanzos como indique o dado.

- Se sae unha pantasma teremos que cubrir o peón co cubilete de pantasma. 

Así pouco a pouco imos avanzando e convertíndonos en pantasmas. Aquí está o divertido, teremos que recordar a posición do noso peón unha vez se convirta en pantasma xa que senón poderemos levar ao alto das escaleiras o peón dun adversario. 

Pero Ollo! se todos os xogadores se converteron en pantasmas e nos sae de novo no dado pantasma o xogador no seu turno poderá intercambiar as posicións de dous pantasmas. Uyy que lío!.

O xogo remata cando unha das pantasmas chega ao alto da escaleira. Descubrimos o peón i ese será o gañador independientemente de quén o fixo chegar ao alto da escaleira.

CONTIDO:

- Un taboleiro de cartón groso

- 4 peóns de madeira de cores imantados

- 4 cubiletes brancos de madeira con forma de pantasma

- 4 fichas de madeira

- Un dado

- Instrucións.

Gañador do Spiel of Jahres, Juego del Año Infantil en Xapón no 2004, Juego del Año Infantil en Finlandia no 2005, Juego del Año Infantil en Suecia no 2006, nominado a Juego del Año en Francia no 2006, Juego del Año Infantil en Noruega no 2006.

Gustanos porque estimula a memoria, primeiros conteos, lóxica, estratexia, percepción espacial e visual.

Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos paises. Editora de xogos de mesa, entre outras cosas, desde 1985.

Recomendado para máis de 4 anos.

De 2 a 4 xogadores.

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.