Carcassonne
Un xogo estratéxico no que cada partida é unha aventura diferente.
Con millóns de copias vendidas, tan sinxelo e ao mesmo tempo tan novo en cada partida. Carcassonne converteuse nun clásico dos xogos de mesa que non debe faltar na casa, ludotecas ou escolas. A cidade de Carcassonne, no sureste de Francia é coñecida pola súa ciudadela amurallada romana e medieval. Os xogadores construirán a rexión que irá cambiando a medida que o xogo avance, nela irán dispoñendo os seus bandidos, cabaleiros ou monxes nos camiños, cidades, mosteiros,... para puntuar. Un xogo estratéxico de losetas, sen taboleiro no que cada partida é diferente.
COMO SE XOGA?
Colocamos as fichas de terreo (losetas) en varios montóns e os meplees a cada xogador. Por turnos os xogadores van sacando fichas de terreo (ou losetas) e colocándolas de maneira lóxica.
Colocamos todas as pezas de territorio en varios mazos boca abaixo e deixamos a ficha de inicio (co dorso máis oscuro) boca arriba, mesturamos o resto e colocámolas en montóns.
Por turnos iremos sacando fichas de terreo e colocándoas de modo que todos os elementos (campo, camiño, cidade,..) coincidan. Ao mesmo tempo iremos decidindo se queremos colocar seguidores (meeples) nos camiños, castelos, abadías, co fin de obter máis puntos, non todas puntúan do mesmo modo.
Unha vez rematemos as fichas de terreo remata a partida. Todos aqueles camiños, cidades,.. que quedaron incompletas tamén se contarán.
Un xogo de estratexia para toda a familia co que pasar tardes de diversión.
CONTIDO:
- Marcador
- 84 pezas de terreo
- 40 seguidores ou figuras de madeira.
- Instrucións.
Gústanos porque estimula o pensamento lóxico, a concentración, atención, percepción espacial e visual.
Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos paises. Editora de xogos de mesa, entre outras cosas, desde 1985.
Recomendado para máis de 7 anos.