Sushi go
Poderedes atopar as cartas para cociñar o menú perfecto mentras as cartas xiran pola mesa sen parar?
Un xogo rápido e divertido de cartas co que nos convertiremos en cociñeiros de sushi. Non é preciso ser un experto cociñeiro senón ser rápido e estratega. As cartas con coloridas ilustracións, fáciles de recoñecer e de recordar a súa puntuación xa que cada carta nola recorda. O obxetivo do xogo é conseguir o maior número de puntos elaborando o noso propio menú. Pero non é tan sinxelo como semella xa que as cartas xiran sen parar dunhas máns a outras.
COMO SE XOGA?
Barallamos as cartas e repartímolas a cada xogador, sen miralas. Todos ao mesmo tempo teremos que elexir unha das nosas cartas, colocaremola boca abaixo diante nosaa, todos á vez xiraremos a carta elexida e pasaremos o resto de cartas ao noso compañeiro da esquerda e así sucesivamente ata rematar as cartas que estén en xogo. Iremos recibindo os descartes dos demáis xogadores e intentaremos crear a mellor combinación posible para gañar máis puntos. Unha vez remate a ronda, faremos reconto dos puntos obtidos e comezaremos unha nova ronda. Así ata completar 3 rondas.
Todas as cartas especifican a puntuación, por exemplo si temos 2 cartas de tempura conseguiremos 5 puntos.
O xogador que máis puntos consiga en total gaña a partida. Pero ollo! non esquezades o postre ou penalizaranvos no final.
CONTIDO:
- 108 cartas
- Caixa metálica
- Instrucións
Gústanos porque estimula a atención, a concentración, rapidez visual, percepción espacial e visual. O seu formato compacto permite a calquera lugar.
Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos países. Editora de xogos de mesa, entre outras cousas, desde 1985.
Recomendado para máis de 8 anos.
De 2 a 5 xogadores.