Isla calavera
Piratas... a polo tesouro...!
Un xogo de combinación de dados e cartas no que hai que conseguir o maior número de puntos, cun pouco de azar i estratexia haberá que saber arriesgar ben ou perderemos o botín. A polo tesouro!
Como se xoga?
Colocamos o mazo de cartas na mesa boca abaixo. O primeiro xogador saca a primeira carta e tira os 8 dados. Dependendo de que carta saque decide se reserva algún dado ou cales volve a tirar. Pero, ollo! non se pode volver a lanzar cun só dado, os dados que mostren unha caveira non se poden volver a tirar e si se sacan tres caveiras pasa o turno sen puntuar.
Dependendo da tirada que fagamos e a combinación que consigamos cos dados obtemos unha puntuación que anotaremos na nosa folla de puntuación.
O primeiro que chegue a 6000 puntos gaña.
Contén:
- 8 dados de saqueo
-35 cartas de pirata
- 5 cartas de resumen
- 1 bloc de puntuación
- Instrucións.
Gústanos porque xogando practicamos o cálculo mental, un xogo rápido e divertido. De pequeno formato para levar a cualquera sitio.
Mercurio Distribuciones é unha empresa que naceu no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 dedicanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos
Recomendado para máis de 8 anos. De 2 a 5 xogadores.