Alto voltaje
Un xogo de cálculo mental con moita tensión.....
Un xogo no que terás que ser moi rápido co cálculo mental e quedarte sen cartas. Sumas, restas e reflexos rápidos con reglas sinxelas e partidas rápidas. Atreveste coa tensión e a adrenalina que descarga este xogo?.
COMO SE XOGA?
Repartimos cartas por igual a todos os xogadores boca abaixo. Deixamos unha no centro da mesa boca arriba. Cada xogador colle catro cartas do seu montón pero sin miralas.
Y á de tres, todos os xogadores miran as súas cartas e comeza a tensión. Sen turnos todos tratan de colocar carta no centro da mesa tendo en conta que o número (o grande da esquina) da carta debe ser o resultado da operación da carta que estea á vista.
É dicir hai un 5 + 0 - 2, unha das túas cartas ten que ser o resultado desa suma ou resta, ou un 7 ou un 3.
O que se quede sen cartas gaña.
CONTIDO:
- 73 cartas
- Instrucións.
Gústanos porque é un xogo que favorece o cálculo mental, o razoamento lóxico, a concentración, a atención, a percepción visual e conceptos matemáticos.
Mercurio Distribuciones é unha empresa que naceu no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 dedícanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos.
Recomendado para máis de 8 anos.
De 2 a 7 xogadores.