Rhino Hero
Axudamos a Rhino Hero a construir o rañaceos máis alto? Un trepidante xogo de cartas.
Un divertido xogo de equilibrio con cartas no o noso obxetivo é construir o rañaceos máis alto... pero coidado con Rhino Hero! fará que se tambalee e se derrumbe, se cae perdemos.
COMO SE XOGA?
Colocamos a carta base (cimento) e un número determinado de cartas según o número de xogadores que seamos. En cada turno teremos que ir colocando as paredes según indique o tellado que colocara o anterior xogador. Colocaremos a nosa carta de tellado, sempre cun pouco de malicia, porque se colocamos a que contén a imaxe do Rhino o seguinte xogador terá que subilo ata o noso tellado... e tambalearase. Igualmente outras cartas nos farán ou pasar turno ou perdemos. Atrevedesvos?
CONTIDO:
- 1 carta cimento
- 31 cartas de tellado
- 28 paredes
- 1 Rhino Hero de madeira
- Instrucións
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido, rápido e trepidante. Apto para toda a familia co que traballaremos a concentración, coordinación e habilidades motrices. O seu pequeno formato fai que podamos levar a calquera sitio.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 5 anos.
De 2 a 5 jugadores.