Mascotas
Coida a tu mascota e gañarás!
Un xogo de cartas no que teremos que ser o mellor coidador de mascotas, teremos que darlle de comer, hixiene, xogo e unha casiña. Pero non é tan sinxelo porque os demáis intentaran enfermala, enfadala e ata roubala.
COMO SE XOGA?
Colocamos as catro cartas grandes de mascotas na mesa, e colocamos o resto das cartas nun mazo ao alcance de todos os xogadores. Escollemos unha carta de mascota sin que ninguén a vexa nin saiba cal temos, intentaremos fastidiar as demáis mascotas pero sen que descubran cal temos nós. Se conseguimos darlle todos os coidados, sin que esté enferma nin enfadada gañaremos.
CONTIDO:
- 82 cartas
- 4 cartas grandes de mascota
- Instrucións en español e inglés.
Gústanos porque é un xogo rápido, divertido e apto para xogar en familia. Traballamos a atención, a estratexia e a astucia.
Editado por Átomo Games.
Recomendado para máis de 4 anos. Na nosa casa xogan nenos de 4 a 9 anos e a todos se divirten.
De 2 a 8 xogadores.