O xardín das cores
As flores perderon os seus pétalos. Axudámoslles a atopalos?. Entre todos conseguiremos poñerlles cor.
As flores perderon os seus pétalos, só lles queda a parte central.
COMO SE XOGA?
Cada xogador ten a súa flor, por turnos tiraremos o dado e iremos colocando a peza da cor que nos indica o dado no lugar que nos encaixe, así conseguiremos completar a nosa flor e que brile de novo no xardín de cores.
Un xogo no que traballar as cores, respetar turnos, a psicomotricidade fina por medio do encaixe de pezas, así como a asociación dados e acción.
Gústannos os xogos de Brazolinda porque están deseñados e fabricados de maneira artesanal en Galicia, e porque neles sempre se mestura o lúdico e o educativo. Todos os seus xogos se presentan nunha caixa de madeira pintada a mán.
Importante: as instrucións son en galego.
Recomendado para máis de 3 anos.