Hop! Hop! Hop!
Podremos entre todos conseguir que a pastora co seu rabaño e o seu can cheguen á granxa antes de que o vento derribe a ponte?
Un xogo cooperativo con pezas de cartón e madera no que teremos que axudar entre todos á pastora, un forte vento achégase e as ovellas teñen que volver á granxa, pero antes teremos que pasar a ponte.... Axudamoslles?
COMO SE XOGA?
Colócanse os taboleiros seguidos neste orde: montaña, campo, río, refuxio. Montamos a ponte sobre o río e a pastora, os animais e o can no taboleiro montaña.
Cada xogador na orde establecida tira o dado , éste marcaranos a acción:
Ponte: avanza a pastora, ovella ou can do campo á ponte
Granxa: avanza a pastora, ovella ou can da ponte á granxa.
Flor: avanza a pastora, ovella ou can da montaña a campo.
Vento: retírase co pau de madeira un dos pilares da ponte.
Sol: avanza a pastora, ovella ou can ao seguinte taboleiro (a eleción)
Salta-ovellas: avanzan 2 figuras (pastora, ovella ou can a eleción) ao seguinte taboleiro
E así avanzamos ata conseguir levar todo o rebaño á granxa. Pero ¡ollo!, a pastora sempre debe ir diante e o can de último. Ao quitar os pilares da ponte hai que ter coidado de que manteña o equilibrio, xa que non pode caer.
Gañamos se consegumos xuntar a pastora, as ovellas e o can na granxa antes de que caiga a ponte.
Perdemos se a ponte caea antes de chegar.
Gústanos porque fomenta o xogo en equipo e a estratexia. Xogando desarrollamos as habilidades motrices, coordinación mán-ollo e dado- ación.
Djeco, unha marca francesa, que leva fabricando xoguetes desde o 1954. O seu deseño, calidade e variedade conviertena nunha marca imprescindible. Os seus xoguetes de madeira, cartón ou tela se caracterizan pola súa calidade e o seu colorido. Os seus productos distribúense en máis de 60 países. Deseñado en Francia, fabricado en China.
Recomendado de 4 a 8 anos.