O agasallo
Moitas pezas de diferentes cores, tres dados e unha combinación de cores. Quen será o primeiro en atopar unha ficha que conteña a combinación de cores?
Moitas pezas de madeira pintadas a mán que teremos que extender para ver con detalle.
COMO SE XOGA?
Teremos que tirar os dados e saíranos unha combinación de cores. Teremos que ser moi rápidos en atopar a peza que conteña a combinación de cores. O primeiro xogador que consiga atopar 5 agasallos (as pezas de madeira) gañará.
Gústannos porque están deseñados e fabricados de maneira artesanal en Galicia, e porque neles sempre se mestura o lúdico e o educativo. Todos os seus xogos se presentan nunha caixa de madeira pintada a mán. Con este xogo traballamos a agudeza e axilidade visual, favorece a concentración e o xogo en equipo.
Importante: as instrucións son en galego.
Recomendado para máis de 3 anos.