12 Xogos Clásicos
Para xogar con amigos, coa familia....
Un set de 12 xogos de mesa clásicos recreados con bonitas ilustracións, entre eles o parchís, o xogo da oca, escaleiras e serpes, xogos de memoria, bingo, yam, xogos de dados..... todos eles adaptados aos máis peques da casa. O parchís non se fará tan largo, nin a oca, …. Unha caixa que contén horas de xogo para compartir entre amigos ou en familia... Para iniciarse nos xogos clásicos.
CONTIDO:
- 5 dados
- 8 fichas
- 48 fichas de cores
- 24 tarxetas de animais
- 1 libreta e lápiz para anotar as partidas
- 2 taboleiros grandes e 4 pequenos reversibles
Gústanos polo seu deseño actual e coidado. Recórdanos a aquelas caixas de xogos reunidos. Xogando cos xogos clásicos desarrollamos as habilidades motrices, a coordinación mán-ollo, a estratexia, a concentración e o conteo, entre outros.
Djeco, unha marca francesa, que leva fabricando xoguetes desde o 1954. O seu deseño, calidade e variedade convertena nunha marca imprescindible. Os seus xoguetes de madeira, cartón ou tela se caracterizan pola súa calidade e o seu colorido. Os seus productos distribúense en máis de 60 países. Deseñado en Francia, fabricado en China.
<p>Recomendado para máis de 4 anos.