A carreira dos caracois
Os caracois teñen moita fame, seredes quen de cruzar o río para comer a leituga máis apetitosa?
Dúas familias de caracois con moita fame saíron na procura de comida, pero hai un problema, as mellores leitugas están ao outro lado do río. Teremos que ser os primeiros en chegar á nosa leituga da cor que nos corresponda. Tiramos o dado e colocamos o caracol da cor que indique á altura do caracol da mesma cor do xogador contrario, deste xeito irán avanzando ou retrocendo polo taboleiro.
É un xogo sinxelo para iniciarnos nos xogos de mesa coa identificación de regras comúns, respetar as quendas e a asociación dado-acción.
Xogando con estes fermosos caracois de fieltro reforzamos a aprendizaxe das cores, melloramos a psicomitricidade fina e o xogo en equipo. O xogo está todo realizado en fieltro e preséntase nun bonita cestiña tamén de fieltro.