A noite do meigallo
Gústanvos as adiviñas?. E a maxia?. Con un pouco de maxia e intuición conseguiremos os ingredientes máxicos para facer os nosos meigallos.
Un xogo no que un grupo de meigas se xuntan para conxurar un mundo mellor.
COMO SE XOGA?
Teremos que resolver adiviñas para conseguir ingredientes máxicos que nos permitan conxurar aos astros. Unha vez teñamos tres elementos gañamos. Un xogo sinxelo de taboleiro no que poñer a proba as dotes adiviñas.
Gústannos porque están deseñados e fabricados de maneira artesanal en Galicia, e porque neles se mestura sempre o lúdico i educativo. Todos os seus xogos se presentan nunha caixa de madeira pintada a mán.
Xogando traballamos o razoamento e a reflexión, aumentamos a compresión lectora e a capacidade de análise.
Importante: As instruccións están en galego.
Recomendado para más de 3 anos.