Navia
Compite cos clans rivais para gañar unha tola carreira río abaixo e conseguir o favor da diosa Navia.
Cada ano, cando as neves se derriten e o río se volve salvaxe, os clans do bosque se baten polo dominio sobre o río e a bendición da deusa Navia.
Lidera o barco do teu clan, sabotea, rouba i engaña. Todo vale para ser o clan que gobernará o bosque este ano.
É un xogo con mecánicas de carreiras, xestión de mán e ¡toma iso!, e moita interacción.
Navia é fácil de aprender, fácil de xogar, e as partidas son rápidas e adictivas... ¡pedirás a revancha!
COMO SE XOGA?
Na túa quenda:
- Descubrir loseta (río) se está cuberta de néboa e a tes xusto diante.
- Xogar carta
- Avanzar en liña recta ou en diagonal, sempre que poidas.
Coidado porque os teus rivais tentarán que non avances, que retrocedas, que descartes cartas, que quedes unha quenda sen xogar entre outras moitas.
Gaña quen chegue ata deusa Navia, ao final do río.
CONTIDO:
- 35 cartas
- 12 losetas
- 6 losetas
- 16 fichas
- 2 reglamentos en 4 idiomas: castelán, galego, inglés e portugués.
Gústanos porque xogando desarrollamos habilidades sociais, estratexia, toma de decisións e planificación.
Buscalume é unha pequena editorial de xogos de mesa, fundada no 2021 con sede en Ourense, por María Eiriz e Germán Ricoy. Fan xogos, refelexionan i escriben sobre eles, ademáis axudan a novos creadores a desarrollar os seus xogos.
Recomendado para máis de 8 anos.
Para 2 a 6 xogadores.