Costu' Monsters
¿Serás o monstro máis rápido en disfrazarte?
Cada xogador ten o seu propio monstro, nunha peza redonda de acrílico. Por outro lado, temos varios complementos e roupas que se amontonarán sobre a mesa. Comeza a festa de disfraces máis monstrosa.
COMO SE XOGA?
Repartimos os monstros entre os participantes ou equipos. Por quendas revelamos unha carta de disfraz. E todos á vez teremos que disfrazar aos nosos monstros correctamente.
Quen primero remata di ¡Disfrazado! e gaña a carta.
Quen consiga 5 cartas de disfraz gaña a partida.
Pódese xogar uns contra outros ou por equipos.
Gústanos porque é un xogo divertido e apto para xogar en familia ou na aula. Traballamos a atención, cores, percepción espacial e visual.
Editado por Átomo Games.
Recomendado para máis de 5 anos.