Xogos de mesa The Lucky Garden de Cacahuete Games
The Lucky Garden-Cacahuete Games
The Lucky Garden-Cacahuete Games
The Lucky Garden-Cacahuete Games
The Lucky Garden-Cacahuete Games

The Lucky Garden

Últimas unidades en stock !
€14,95
IVA incluido

Un xardín moi especial!

Un orixinal xogo de memoria e planificación no que é preciso atopar os gnomos agochados. Pero non será tan sinxelo como semella. Escolle unha misión e tenta recordar o número exacto de gnomos. 

Atréveste a adentrarte neste máxico xardín?

COMO SE XOGA?

Cada persoa na súa quenda colocará una loseta de xardín coa cara dos gnomos visible ata configurar un taboleiro de xogo de 5X5. Cando estén colocadas todas as losetas xiramos para que os gnomos queden ocultos. 

Por quendas, cada persoa desvelará unha loseta de Misión e tentará atopar o número indicado de gnomos xirando como máximo 3 losetas. 

Se atopamos o número exacto puntuaremos e conseguiremos menos puntos se nos pasamos de gnomos. Se nos quedamos curtos non lograremos puntuación.

As losetas que se xiran se descartan, situándoas baixo a loseta de misión se o conseguimos ou na caixa se non o conseguimos.

A partida remata cando se completan 4 misión en partidas a dous xogadores ou 3 misións en partidas a 3 e 4 xogadores.

Gústanos porque xogando desarrollamos a estratexia, orientación espacial, atención, planificación, resolución de problemas e cálculo.

Recomendado para máis de 6 anos. 

Idade recomendada
+ de 6 anos
Número de personas
1-4
Tempo de xogo
25 minutos
Autor/Autora
Jurgen Spreutels
Ilustrador/Ilustradora
Begoña Fernández
1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.