El rey de los dados
Serás o primeiro en construir o teu castelo?
El rey dados é un gran xogo en formato pequeno. Precisarás habilidade e sorte cos dados para construir o mejor reino.
Atrae a novos habitantes ao teu reino cumplindo, con tres tiradas de dados, as diferentes condicións que se indican nas cartas. As cartas especiais daranche ventaxas, pero coidado debeste protexer do tolo e o dragón. Aquel que consiga os mellores habitantes ao final gañará a partida.
COMO SE XOGA?
Clasifica as cartas de lugar en 5 pilas. Mesturade todas as cartas de habitantes e colocadeas para roubar boca abaixo á esquerda,
un pouco por debaixo da fila de cartas de lugar. Collede as cinco primeiras cartas de habitantes da pila para roubar e situadeas
boca arriba de esquerda a dereita debaixo das cartas de lugar. Mesturade as cartas de castigo e apiladeas con algo de distancia
boca arriba á dereita, xunto ao lugar preparado para as cartas de habitantes. Á dereita das cartas de castigo atopase o lugar para
a pila de descarte. Preparade os dados.
Cada quenda consta de 3 fases:
1. Tirar os dados
2 Convencer aos novos habitantes (+ establecer posibles novos lugares) ou ben coller cartas de castigo
3. Repoñer cartas
O xogo finaliza de inmediato cando un de vós colle a última carta dunha das pilas. Contamos os puntos das cartas, quen teña máis gaña.
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido, rápido e trepidante. Apto para toda a familia co que traballaremos a concentración, cálculo mental, suma, toma de decisións, probabilidade i estratexia. O seu pequeno formato fai que podamos levar a calquera sitio.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 8 anos.
De 2 a 5 jugadores.