Spy Guy
¿Poderedes axudar a Dr. Holmes a atrapar ao malvado Moriarty antes de que escape da cidade?
Un xogo cooperativo, ao estilo buscar a Wally no que teremos que intentar entre todos atrapar ao ladrón. Un divertido xogo de detectives para toda a familia.
¿Seremos capaces?
COMO SE XOGA?
Montamos o gran taboleiro quebracabezas e colocamos ao detective na saída. O ladrón colócase na ficha que nos indiquen as instruccións segundo o número de participantes.
Xiramos unha carta de pista i entre todos, no tempo do reloxo teremos que buscar ese obxeto pista polo taboleiro. Unha vez atopemos algún, colocamos unha ficha azul enriba. Unha vez transcurrido o tempo, deténse a búsqueda. Contamos as pezas azuis que atopamos, eses serán os pasos que avanza o detective. E o ladrón avanzará tantas casillas como pisadas indique a carta.
Se conseguimos atrapar ao ladrón gañamos, se o ladrón chega antes que nós perdimos.
Gústanos porque é un xogo divertido e apto para xogar en familia ou na aula. Traballamos a atención, a estratexia, deducción, cores, percepción espacial e visual.
Editado por Átomo Games.
Recomendado para máis de 5 anos.
De 1 a 4 xogadores.