Happy Halloween
Un divertido e terrorifico xogo para toda a familia.
Seremos trasnos que queren coller tantos tesouros como poidan seguindo as normas da súa avaricia. Pero non todo vale cando os trasnos se encaprichan cun obxeto ou unha cor non descansacn ata conseguir 3 iguais. Cabazas, gatos, pantasmas, morcegos, casas encantadas, ¿quen conseguirá reunir máis?
CÓMO SE XOGA?
Mesturamos todas as cartase deixámolas nun mazo central.
Todo o xogo se desarrolla na túa zona de xogo, por quendas. cada trasno realizará unha acción a elexir destas tres:
- Trato: o trasno collerá dúas cartas do mazo e colocaraas boca arriba en vertical diante del (na súa zona de xogo).
- Truco: o trasno colle unha carta das verticales da zona de xogo dos seus trasnos rivais e colocaos en horizontal, esta carta estará encantada e ninguén a poderá roubar.
- Desencantar todas: o trasno non colle ningunha carta nin do mazo nin de outros trasnos e poñen todas as súas cartas en vertical. É dicir as cartas encantadas (en horizontal) agora poden roubarse.
Despois de realizar a acción podes xuntar as cartas que che permitan puntuar: 3 iguais (color ou objeto)
Gaña quen consiga máis cartas.
CONTIDO:
- 72 cartas
- Instrucións
Gústanos porque é un xogo de regras sinxelas. Xogando desarrollamos atención, flexibilidade cognitiva, abstracción, pensamento computacional, asociación, rapidez visual, control inhibitorio e resolución de problemas.
Juguetes Falomir, S.A. é unha empresa familiar española dedicada desde 1945 a á fabricación de xogos de mesa educativos.
Recomendado para máis de 4 anos.
De 2 a 8 xogadores.