A la chita callando
O rato quere roubar o queixo do rei pero shhh debe facelo sen que o descubran.
Un divertido xogo de habilidade no que teremos que axudar ao rato Mauricio a roubar o queixo sen que o rei o descubra. Pero os guardiáns que desconfian instalaron un sistema de alarma para detelo. Os axóuxeres soarán cada vez que o bastoncillo atravese os buratos.
COMO SE XOGA?
Montamos o castelo e fixamos os axouxeres ou campás a ambos lados. Repartimos os paus de madeira a todos os participantes en igual número. Por turnos tiramos o dado, e silencio. Os dados indican as cores que haberá que unir co pau de madeira sen que soe campá, a que se soa haberá que retiralo.
A partida remata cando se coloca o duodécimo pau no castelo. Todos os participantes contan os seus paus, quen teña menos gaña.
CONTIDO:
- 1 castelo en catro pezas de cartón
- 2 campás de alarma
- 2 dados de cores
- 16 paus de madeira
- Instrucións
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido, rápido e trepidante. Apto para toda a familia co que traballaremos a concentración, coordinación e habilidades motrices.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 5 anos.
De 2 a 4 jugadores.