Xogos de mesa Vacaloura de Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz
Vacaloura-Ozocogz

Vacaloura

Últimas unidades en stock !
€48,00
IVA incluido

Un xogo para coñecer e practicar os teus coñecementos sobre lingua galega.

Un xogo co 500 tarxetas-pregunta cun total de 2000 preguntas diferentes e miles de palabras dos máis variados significados, o que o converte nun xogo de mesa apto para todas as idades e niveis de coñecemento do idioma. Escollendo as preguntas poderemos adaptalo e convertilo nunha ferramenta dinámica coa que aumentar o seu vocabulario.

O obxetivo é rematar en primeiro lugar o percorrido dende a casa de saída ata o hexágono central do taboleiro -onde figura a palabra VACALOURA- respondendo correctamente as cuestións das tarxetas-pregunta. 

COMO SE XOGA?

O taboleiro está dividido en 97 casas (contando a de Chegada), entre elas está indicado con pequenas frechas a dirección a seguir polos peóns dende a súa casa de Saída ata a Chegada (o hexágono central coa palabra Vacaloura).

As casas do círculo exterior (de cor branca) son comúns a todas e todos as xogadores, é dicir, poden coincidir nunha mesma casa peóns de diferentes cores; as outras, que se corresponden coa cor de cada participante, son de uso exclusivo para estes.

Cada xogadora ou xogador deberá facer un percorrido de 42 casas, dende a casa coa vacaloura da súa cor até a casa de Chegada. No círculo central hai unhas casas con debuxos de Trevos, ao situármonos en calquera delas deberemos coller unha tarxeta-sorte do mazo.

Gaña a persoa que primeiro complete o taboleiro respondendo correctamente 3 das 4 preguntas finais.

CONTIDO: 

- 1 taboleiro

- 6 peóns

- 1 dado

- 20 tarxetas-sorte

- 500 tarxetas pregunta

- 1 manual de instrucións

Gústanos porque xogando non só aprendemos coñecementos sobre a nosa terra senón que ademáis desarrollamos a concetración, compresión escrita. expresión oral, memoria, atención, concentración e razoamento lóxico.

Ozocogz comezou no deseño de camisetas para amigos e familiares, o éxito levóunos non só a crear a súa propia tenda senón  a súa liña de produtos. Deseñado e fabricado en Galicia.

Recomendado para máis de 9 anos.

De 2 a 6 xogadores.

Importante: o xogo está en galego.

Idade recomendada
+ de 9 anos
Número de personas
2-6
2 elementos:

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.