Xogos de mesa Potion Explosion de Asmodee
Potion Explosion-Asmodee
Potion Explosion-Asmodee
Potion Explosion-Asmodee
Potion Explosion-Asmodee

Potion Explosion

Sen Stock
€39,99
IVA incluido

Quen conseguirá máis puntos coas súas apócemas?

Comeza o voso último curso na Academia de Feitizos Horribilorum para Bruxas e Bruxos Inxñosos, achéganse os exámenes finais. Terás que completar as túas apócemas, pero ten coidado coas explosións que provoques poden ser útiles para ti ou para o resto. Está permitido beber a túas apócemas durante o examen con mesura e sabiduría para poder realizar máis rápido i eficazmente o teu traballo e demostrar que mereces o título de bruxo ou bruxa. 

Cando se concedan suficientes fichas de Maestría, o exame rematará. O Premio ao estudante do Ano só se concede ao estudante que elabore as apócemas máis dificiles e valiosas.

COMO SE XOGA?

Preparamos a partida:

  1. - Separamos as apócemas segundo o seu tipo. Das 8 escollemos 6 para a partida. As outras devolvemolas á caixa.
  2. - De cada tipo de apócema separamos as apócemas iniciais (con estrela). Mesturámolas e deixamolas sobre a mesa
  3. - Eleximos quen comeza i entregámoslle o marcador inicial.
  4. - En sentido das agullas do reloxo eleximos dúas apócemas iniciais. 
  5. - Agora con todas as apócemas restantes formamos 5 montóns.
  6. - Colocamos o dispensador no centro da mesa e soltamos as bólas na parte superior. 

Podemos comezar a partida.

En cada quenda cada participante pode:

  • Elexir un ingredente do dispensador.
  • Unha vez o collamos se as bólas que chocan entre sí son da mesma cor prodúcese unha explosión e poderemos collelas todas.
  • Unha vez teñamos todos os nosos ingredentes (bólas) podrémolas colocar nunha apócema nosa ou na reserva.
  • Se unha vez colocados os ingredentes nos sobra algún devolverémolo ao dispensador.

Na nosa quenda poderemos ademáis pedir axuda ao profesor, que nos permitirá coller unha bóla adicional aínda ao final da partida nos fará perder dous puntos e non se producirán explosións.

Se completamos tres pócemas dun mesmo tipo ou 5 tipos diferentes de apocemas conseguiremos unha ficha de maestría. Estas apócemas xa serán nosas, poderemos bebelas en calquera momento. Seguiremos completando apócemas ata que ou ben se esgoten as fichas de maestría ou a reserva de apócemas. Nese momento todos teremos unha ronda final.

Quen consiga máis puntos coas súas apócemas gaña.

CONTIDO:

 - 4 taboleiros de pupitre

- 64 pezas de apócemas

- 80 bólas de ingredente (en catro cores diferentes)

- 15 fichas de maestría

- 21 fichas de axuda

- 1 ficha de xogador inicial

- 1 dispensador de plástico

- Instrucións

Gústanos porque xogando desarrollamos o pensamento lóxico, estratexia e planificación.

Editado por Days of Wonder distribuido en España por Asmodee.

Recomendado para máis de 8 años. 

De 2 a 4 xogadores.

Idade recomendada
+ de 8 anos
Número de personas
2-4
Tempo de xogo
30-45 minutos
Autor/Autora
Stefano Castelli, Andrea Crespi, Lorenzo Silva
Ilustrador/Ilustradora
Giulia Ghigini

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.