Xogos de mesa Fipolino de Lúdilo
Fipolino-Lúdilo
Fipolino-Lúdilo
Fipolino-Lúdilo
Fipolino-Lúdilo
Fipolino-Lúdilo
Fipolino-Lúdilo
Fipolino-Lúdilo
Fipolino-Lúdilo

Fipolino

Últimas unidades en stock !
€11,99
IVA incluido

Un sinxelo xogo de lóxica.

Un xogo sinxelo, intuitivo e divertido perfecto para iniciarse nos xogos de mesa. Sé o primeiro ou a primeira en adiviñar a combinación correcta e acumula fichas. 

Atreveste co reto? 

COMO SE XOGA?

Colocamos na zona de xogo as tres figuras e as 20 fichas de madeira. Collemos os dados precisos para xogar á variante elexida e comezamos. 

Todos os participantes xogan á vez, só hai quendas para tirar os dados. Se por exemplo xogamos só con dous dados (o ideal para comezar) pode ocorrer:

- Se os dados son iguais, mesma cor ou mesmo simbolo, colleremos a figura ou cor que indican os dados.

- Se os dados son diferentes (distinta cor e distinto símbolo), colleremos a figura que non indique ningún dado.

Cada acerto é unha ficha. Logo de 20 rondas quen acumule máis fichas gaña. 

Segundo como se combinen os dados se poden xogar a estas variantes:

- Xogar cos dados de cores

- Xogar con dados de símbolos

- Xogar cun dado de símbolo e outro de cor

Gústanos porque é un xogo rápido, divertido, fácil de xogar, con compoñentes visuais e fáciles de coller. Con cómodo formato en caixa pequena para poder levar a cualquera sitio. Xogando desarrollamos habilidades sociais, concentración, velocidade de procesamento, memoria. razoamento lóxico e resolución de problemas.

Recomendado para máis de 3 anos. 

Máis de 2 xogadores.

Idade recomendada
+ de 3 anos
Número de personas
2-5
Tempo de xogo
10-15 minutos
1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.