O gatipedro
Un xogo de cartas para aprender divirtíndose sobre mitoloxía galega e tradicción oral.
Un xogo de atención e velocidade no que teremos que descartar todas as nosas cartas asociando lenda con elementos determinados. Cada carta representa un elemento ou unha personaxe que se identifica co seu nome, na parte de abaixo os elementos que se relacionan con ela. Gaña o primeiro en quedarse sen cartas. Pero ollo non esquezas ler primero as lendas asociadas a cada personaxe!
COMO SE XOGA?
Repartimos 7 cartas a cada participante. Cando todos estén preparados, xiramos unha carta e colocamola ao lado do monte. Sen turnos descartaremos as nosas cartas asociando os elementos coas personaxes sempre enriba da última carta xogada, podemos descartar todas as que queiramos sempre que estén asociadas á última xirada. Cada vez que a xoguemos podemos decila en alto para favorecer a rapidez no xogo.
Se ninguén pode xogar carta collemos unha carta do monte.
A carta de biosbardos, dado que ninguén sabe como son, serve de comodín. Pódese xogar enriba de calquera e se relacionase con calquera.
Exemplo: O urco asóciase coa noite, a auga e as cadeas, polo que sobre unha carta de Urco poderemos descartar calquera de estas tres.
O xogo remata cando alguén queda sen cartas no montón. No caso de que remate antes o monte non gañará ninguén.
Pódese xogar en solitario.
Gústannos porque están deseñados e fabricados de maneira artesanal en Galicia, e porque neles sempre se mestura o lúdico e o educativo. Con este xogo traballamos a agudeza, axilidade visual e mental, concentración, razoamento, expresión oral e mitoloxía galega. Producción local
Importante: as instrucións e o xogo son en galego.
Recomendado para máis de 6 anos.
De 1 a 7 xogadores.