Connecto
Poderedes descifrar os feitizos máxicos?
O libro máxico da imaxinación contén moitos feitizos mágicos. Se conseguides descifralos poderedes crear increibles formas no ceo. Pero como aínda eres un aprendiz de mago o de maga terás que parender a descifralos.
Se che gustou imágica, esta nova versión con novas variantes por equipos, modo cooperativo e 5 láminas para debuxar con novos obxetos para conectar te atrapará.
Atréveste?
COMO SE XOGA?
Cada xogador ou xogadora colle un rotulador borrable e unha lámina cos ingredentes a cor boca arriba. Colocamos o reloxo de area e as cartas no centro da mesa.
Para aprender a xogar fácilmente, as tres primeiras partidas xoganse cos 3 montóns de nivel (cartas predefinidas que non se deben mesturar).
Xiramos a primeira carta e todos os participantes á vez deben atopar nas súas láminas os ingredentes do feitizo e conectalos. O obxetivo do xogo é adiviñar o antes posible o que están debuxando. Cando un xogador acerte, xiramos o reloxo e o resto de participantes terán 30 segundos para tentalo. O gañador da ronda debe xogar a seguinte ronda dandoa volta á súa lámina (os ingredentes estarán en branco e negro). Unha vez levemos xa descifrados 8 feitizos remata o xogo, cada un o cada unha conta as súas estrelas (que conseguirá ao gañar as rondas) e o que máis teña será o gañador ou a gañadora.
CONTIDO:
- 96 cartas
- 5 láminas
- 5 rotulares borrables
- 1 reloxo de area
- Reglamento
Gústanos porque xogando desarrollamos a axilidade visual, percepción espacial e visual, razoamento lóxico e concentración.
Mercurio Distribuciones é unha empresa nacida no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 adicanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos.
Recomendado para máis de 8 anos.
De 2 a 4 xogadores.