Cubi Locos
¡Rápido! Busca o cubilete correcto e apila na torre.
Un xogo rápido e divertido no que teremos que ser o máis rápido ou a máis rápida en desfacernos dos nosos cubiños. Cómo? Moi sinxelo só temos que buscar as cores correctas e apilar na torre.
3,2,1 acción comeza a diversión.
COMO SE XOGA?
Colocamos a base da torre no centro da mesa. Repartimos os cubiños segundo o número de participantes. Comeza o xogador ou a xogadora máis xove de menor idade que decidirá o modo de xogo da ronda: empregando só unha mán ou as dúas para mirar no interior dos cubiños. Lanza o dado e todos ou todas sen turno comezan a apilar os cubiños sobre a base, a cor do primeiro cubo (o seu interior) debe coincidir con algunha das cores do dado. Unha vez colocado o primeiro cubiño fixarémonos na súa cor xa que determinará a cor interior que debe ter o nosos cubiño.
Ex: se colocamos un cubiño verde (no seu exterior) teremos que buscar un cubo que teña o interior verde para poder colocalo a continuación.
O primeiro xogador ou xogadora que termine os seus cubiños debe comprobar que os colocou correctamente, si é así, gaña a ronda. Se cometeu algún fallo gaña a ronda o que coloque máis cubiletes correctamente.
Todos os xogadores ou xogadoras collen os seus cubiños e comeza unha nova ronda. Gaña a partida o primeiro xogador ou a primeira xogadora que gañe 3 rondas.
CONTIDO:
- 24 cubiños
- 1 dado
- 1 base
- Regramento
Gústanos porque xogando desarrollamos a axilidade visual, percepción espacial e visual, razoamento lóxico e concentración.
Mercurio Distribuciones é unha empresa nacida no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 adicanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos.
Recomendado para máis de 6 anos.
De 2 a 4 xogadores.