Little Fox Médico de animales
Quén será o primeiro en atender cinco tipos de animais diferentes?
Un xogo de dados en pequeno formato no que teremos que axudar ao pequeno raposo a curar ao resto de animais coa axuda do azar dos dados. O pequeno raposo ten a súa consulta na árbore, a él acuden o ourizo que está refriado, o morcego que torceu unha á e a lebre que fixo un chichón na cabeza. O obxetivo do xogo é conseguir a combinación correcta de dados para tratar aos animais enfermos.
Quén será o primeiro ou a primeira en curar a 5 animais diferentes? O que o consiga será o mellor veterinario do bosque.
COMO SE XOGA?
Mesturamos as fichas de pacientes e deixámolas boca arriba no centro da mesa coa cara dos animais e medicamentos á vista. Cada xogador ou xogadora recibe unha carta veterinario co pequeno raposo.
Xogamos por turnos, o primeiro xogador ou xogadora tira os tres dados, mira a primera ficha de cada un dos mazos do centro da la mesa e comparaas cos dados. Cada carta mostra 2 ou 3 medicamentos que o animal precisa para curarse.
- podes tirar ata 3 veces seguidas
- na primeira tiras cos 3 dados
- na segunda e terceira tirada cos dados que queiras.
- Aparta os dados que non queiras empregar a un lado.
- na terceira tirada poderás empregar de novo os dados que xa apartache.
- Se na primeira ou segunda tirada xa curache un paciente non terás que tirar de novo.
- Se podes curar a varios animais na túa tirada terás que elexir só un.
En cada ronda poden suceder 2 opcións:
- Conseguichelo: Colle a ficha do paciente, dalle a volta e colócalaa xunto coa túa ficha veterinario
- Non o conseguiche: Todas as fichas con pacientes quedan no mazo
O xogo remata cando un xogador ou xogadora consigue tratar a 5 animais diferentes.
CONTIDO:
- 30 fichas de pacientes
- 4 fichas de veterinario
- 3 dados
- 1 plego de adhesivos
- Instrucións.
Gústanos porque xogando desarrollamos atención, concentración, razoamento lóxico, toma decisións e planificación.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 4 anos.
De 2 a 4 xogadores.