Fórmula
Un divertido xogo matemático.
Un divertido xogo matemático no que gañará o máis rápido en desfacerse das súas cartas, para iso terá que ser rápido realizando operacións matemáticas. O seu xogo base está indicado para o nivel de primaria (de 7 a 12 anos) xa que inclúe suma, resta, multiplicación e división. Pero inclúe ademáis a expansión "Más Fórmula" deseñada para un nivel de secundaria ( de 12 a 16 anos) xa que añade números negativos, fraccións, raíces cadradas e potencias. Serás quén de atopar a fórmula correcta a ambos lados do signo de igualdade?
COMO SE XOGA?
Colocamos as cartas de signo no centro da mesa. Mesturamos todas as cartas de números incluiendo comodíns. Repartimos 7 cartas a cada xogador ou xogadora. Colocamos as dúas primeiras cartas do mazono centro da mesa, boca arriba de modo que queden un pouco separadas entre elas. Poñemos o signo igual á súa dereita e comeza o xogo. A partir do que está na mesa
Por exemplo:
Se hai un 2 e un 4 na mesa e tes un 6 na mán, podes empregar o signo de suma entre eles e xogar o 6 como resultado. Se fora un 8, poderías empregar o signo de multiplicación para obter (2x4=8).
Se non podes completar a fórmula roubas carta do mazo e termina o teu turno.
Unha vez que esta fórmula inicial estea completa, agora en cada turno poderá variar xa que colocaremos as cartas xogadas enriba destas e cambiando os signos. Así poderemos:
- Xogar 3 números da mám para crear unha fórmula nova.
- Xogar 2 números empregando xa un que estea na mesa. Por exemplo : Se a fórmula inicial fora ésta 2+4=6 cambiaríamola xogando 2 números o 3 e o 5 : 2+3=5.
- Xogar 3 números e crear unha fórmula nova, aproveitando algún número que estivera na mesa. 9+7=16 (reutilizando o 6).
- Añadindo 1 número i empregando 2 das cartas que xa están en mesa. Por exemplo, se temos a fórmula 2+4=6 poderiamos cambiala por 2x4=8.
Se non quedan cartas no mazo, retiramos as cartas de debaixo de cada número e barallamos de novo.
Pero ¡Ollo! que tamén hai comodíns, variantes e regras especiais.
A primeira xogadora ou primeiro xogador que quede sen cartas gaña.
Gústanos porque xogando desarrollamos o cálculo mental, operacións matemáticas, razoamento lóxico e atención.
Recomendado para máis de 7 a 12 anos, e coa súa expasión incluída de 12 a 16 anos.
De 2 a 5 xogadores.