Lucky Numbers
Completa o teu xardín de trevos para gañar!
Un xogo rápido para toda a familia ou a aula no que teremos que completar o xardín de trevos en orden ascendente, o primeiro ou primeira en conseguilo gaña. Tenta a sorte, busca os trevos que mellor che encaixen, xestiona as filas e columnas, optimiza a posición e a orde dos números para completar antes que ninguén o teu xardín.
Inclúe un modo solitario con 40 retos.
COMO SE XOGA?
Colocamos tantos set de trevos como xogadores ou xogadoras sexamos, colocamolas na mesa boca abaixo e mesturamoss. Cada xogador ou xogadora colle un taboleiro e coloca a xoaniña na beira inferior dereita.
Cada xogador ou xogadora colle 4 trevos ao azar e colocaos na diagonal dourada boca arriba.
Por turnos roubaremos trevos. Cada vez que collemos trevol podemos:
- Colocalo nunha casa vacía
- Sustituilo por outro que xa tivéramos.
- Deixalo na reserva central.
Ollo que non é fácil, haberá moitos números repetidos.
Gaña o primeiro ou a primeira que consiga completar o taboleiro.
CONTIDO:
- 80 fichas de trevol
- 4 taboleiros
- regras
Gústanos porque é un xogo sinxelo, adictivo e cun toque de astucia ou picardía. Axuda a desarrollar a estratexia.
Recomendado para más de 8 anos.
De 1 a 4 xogadores.