Ubongo Jr. Trilingüe
Quén será o primeiro en colocar todas as súas pezas? A versión Jr do clásico Ubongo.
A versión infantil do clásico Ubongo, adaptado aos máis pequenos con losetas de animais. Un xogo no que teremos que colocar as nosas pezas, poderiamos dicir que tén moito de tetris, de tangram e de pentominoes. Un trepidante e adictivo xogo para desfrutar en familia.
COMO SE XOGA?
Repártese a cada xogador, xogadora ou equipo unha carta que indicará a figura que se debe formar e as pezas para formala. Con dous niveis de dificultade para adaptalo.
Collemos plantilla de quebracabezas e todos á vez tentamos compoñelo dentro do tempo do reloxo de area. O primeiro ou primeira en conseguilo berrará Ubongo! mentras o resto seguirán intentandoo. Collemos xemas. E así unha nova ronda.
O xogador ou xogadora que consiga máis xemas gaña a partida.
CONTIDO:
- 50 plantillas con 100 quebracabezas diferentes
- 4 conxuntos de pezas de animais-
1 reloxo de area
-72 xemas- 1 bolsa de tea
- Instrucións
Gústanos porque estimula o pensamento lóxico, a concentración, estratexia, xestión de recursos, percepción espacial e visual.
Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos paises. Editora de xogos de mesa, entre outras cosas, desde 1985.
Edición trilingüe en castelán, portugués e catalán.
Recomendado para máis de 5 anos.
De 2 a 4 xogadores.