Xogos de mesa Camiño de Compostela de Brazolinda
Camiño de Compostela-Brazolinda
Camiño de Compostela-Brazolinda
Camiño de Compostela-Brazolinda
Camiño de Compostela-Brazolinda

Camiño de Compostela

Últimas unidades en stock !
€36,00
IVA incluido

Romeiros e romeiras percorrendo os Camiños de Santiago.  Estades preparados?

Un xogo de taboleiro e cartas en no que percorreremos e coñeceremos os diferentes Camiños de Santiago conseguindo cartas de etapas polas que pasemos e aprendendo sobre gastronomía, patrimonio cultural e arquitectónico, festas, profesións e moito máis. 64 cartas con datos para coñecer mellor a nosa terra que nos servirán non só para aprender senón tamén para obter melloras no noso Camiño como visitar máis lugares ou camiñar máis axiña.

COMO SE XOGA?

A dinámica do xogo simula a xornada dun romeiro. Comeza o día no albergue elixindo os lugares que quere visitar. recorrendo os camiños e remata no albergue para repoñer forzas e comezar de novo ao día seguinte. Así durante a partida conseguiremos unha serie de cartas (etapas dos diferentes camiños) que nos darán a puntuación final. 

Nunha ronda básica:

- Preparación do albergue (colocar cartas no albergue)

- Planificación da xornada (cada xogador ou xogadora colle unha carta de albergue se quiere)

- Movimento

- Reordenación do albergue. (pasar cartas á fila de abaixo)

Cando remata a viaxe e contamos os puntos comeza a parte de compartir, conversar como nos foi o camiño. Poderemos así rematar o xogo contando un conto, así o xogador ou xogadora que consiga máis puntos terá que improvisar un relato, un conto con algunhas das súas cartas para contar ao resto foi a súa viaxe. o que sentiu, o que aprendeu, o que compartiu. 

O xogo complétase cun pequeno libro-guía para aprender máis sobre cada etapa. Podedes personalizalo cos vosos debuxos.

CONTIDO: 

- Taboleiro

- 64 cartas

- 5 peóns 

- 5 cubos de cada cor

- Libro con información das diferentes etapas e para realizar debuxos. 

Pero o xogo non remata ahí, o xogador ou xogadora que consiga máis puntos terá que improvisar un relato, un conto con algunhas das súas cartas para contar ao resto como foi a súa viaxe, o que sentiu, o que aprendeu, o que compartiu.O xogo complétase cun pequeno libro-guía para aprender máis sobre cada etapa. Podedes ademáis personalizado cos vosos debuxos.

Gústanos porque está deseñado e fabricado de maneira artesanal en Galicia, e porque se mestura  o lúdico i educativo. Todos os seus xogos se presentan nunha caixa de madeira pintada a mán. Xogando desarrollamos o razoamento lóxico, estratexia, planificación, a expresión oral, xeografía galega, historia e arte.

Recomendado para más de 10 anos. De 2 a 5 xogadores.

Idade recomendada
+ de 10 anos
Número de personas
2-5
1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.