Stone Age
Viaxamos á Idade de Pedra para recrear a vida dos nosos antepasados.
A Idade de Pedra caracterizouse polos inicios da agricultura, a explotación de recursos e as primeiras edificacións. O trueque e os avances non paraban de sucederse, pero ao mesmo tempo seguían sendo precisas habilidades básicas como a caza. Así teremos que recoller madeira, comerciar, expandir a aldea, en definitiva xestionar os nosos recursos e planificar as accións para gañar. Un dos xogos básico para entender a mecánica de xestión de recursos e a colocación de traballadores.
COMO SE XOGA?
Colocamos o taboleiro e preparamos todos os compoñentes no seu lugar.
En cada ronda poderemos:
- Colocar persoas: teremos que planificar onde queremos colocalas para conseguir os diferentes recursos.
- Realizar accións: como ampliar a túa tribu, conseguir materiais, comida ou recursos inmediatos.
- Alimentar á tribu: terás que ter suficiente comida para alimentar á túa tribu ou senón terás que gastar materiais.
E así iniciaremos de novo outra ronda.
A partida remata cando:
- O mazo de cartas de civilización remata.
- Al menos unha das pilas de edificios remata.
Comeza o reconto de puntos e aquel xogador ou xogadora que consiga máis puntos gaña a partida.
CONTIDO:
- 116 figuras
- 116 fichas
- 36 cartas
- 7 dados
- 4 tabliñas
- 1 cubilete
- 1 taboleiro
- Instrucións
Gústanos porque estimula o pensamento lóxico, a concentración, estratexia, xestión de recursos, percepción espacial e visual.
Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos paises. Editora de xogos de mesa, entre outras cosas, desde 1985.
Recomendado para máis de 10 anos.
De 2 a 4 xogadores.