Cartas Batamo
Unha batalla de letras. Quén será o máis axil formando palabras?.
Un xogo de cartas con moitas letras. Teremos que ser o primeiro ou primeira en formar unha palabra coas letras que salgan á mesa. Haberá que ser áxil, colocar as letras, pensar unha palabra, e levar así as cartas. O xogador ou xogadora que consiga máis cartas gaña. Un, dous , tres, todos á vez descubrimos unha carta!
COMO SE XOGA?
Repartimos todas as cartas entre os xogadores.
Todos á vez, xiramos a primeira carta do noso mazo, ninguén verá as nosas cartas. Se saen letras teremos que atopar a palabra que conteñan as dúas cartas.
Se sae letra e tema, teremos que dicir unha palabra que comece por esa letra e coincida co tema (Cidades, nomes, animais ou cores).
Se decimos a palabra correctamente colleremos as cartas da mesa. O xogo remata cando algún xogador quede sen cartas, o xogador ou xogadora que consiga máis cartas gaña.
CONTIDO:
- 50 cartas
Gústanos porque xogando divertímonos. Xogando desarrollamos a atención, deducción, concentración, vocabulario e axilidade visual. O seu pequeno formato permitenos levalo a calquera lugar.
Djeco, unha marca francesa, que leva fabricando xoguetes desde o 1954. O seu deseño, calidade e variedade convirtena nunha marca imprescindible. Os seus xoguetes de madeira, cartón ou tea caracterízanse pola súa calidade e o seu colorido. Os seus produtos distribúense en máis de 60 países. Deseñado en Francia, fabricado en China.
Recomendado de 8 a 99 anos.
De 2 a 4 xogadores.