Taco gato cabra queso pizza
Un frenético e divertido xogo de cartas, para os máis observadores.
Un aloucado e divertido xogo de cartas no que teremos que concentrarnos moito, intentar desfacernos de todas as nosas cartas antes que os demáis. Pero ollo se vas demasiado deprisa e te equivocas levarás todas as cartas do mazo de descartes. Preparados listos Taco, gato, cabra, queso,pizza, memoriza ben a orde se queres gañar.
COMO SE XOGA?
Barallamos as cartas e repartimos boca abaixo 12 cartas a cada xogador ou xogadora. As cartas que sobran descartamolas. Os xogadores e xogadoras non pueden mirar as súas cartas.
Un xogador ou xogadora xira a primeira carta do seu mazo e di a palabra que corresponda, sempre no mesmo orde. Neste caso sería a primeira carta Taco. Así imos descartando cartas e siempre repetindo a secuencia Taco, Gato, Cabra, Queso, pizza. No momento que coincida a carta coa palabra, todos os xogadores e todas as xogadoras poñen a mán no centro da mesa, se saen cartas especiais hai que realizar o xesto indicado. O derradeiro en poñer a mán leva todo o mazo de descartes.
O primeiro que consiga desfacerse das súas cartas gaña a partida.
CONTIDO:
- 64 cartas
- Instrucións
Gústanos porque xogando traballamos a atención, concentración, memoria e pensamento lóxico.
Recomendado para máis de 8 anos. De 3 a 8 xogadores.