Xogos de mesa Monster Kit de Tranjis Games
Monster Kit-Tranjis Games
Monster Kit-Tranjis Games
Monster Kit-Tranjis Games
Monster Kit-Tranjis Games
Monster Kit-Tranjis Games
Monster Kit-Tranjis Games
Monster Kit-Tranjis Games
Monster Kit-Tranjis Games

Monster Kit

Sen Stock
€14,95
IVA incluido

Un monstruoso xogo educativo.

Un xogo creado por un docente de primaria Manu Sanchez,  mestre Manu. Xogable na casa e aplicable na  aula en diferentes competencias curriculares. Un xogo no que hai que debuxar, escribir, deletrear, silabear, sumar entre outras cousas, dependendo do modo de xogo que elixamos e a súa dificultade, tén 9 modos diferentes de xogar. 

Un feiteceiro chamado Mórlat quere invocar a un monstro e para conseguilo pidelles axuda aos seus alumnos de bruxería. Os alumnos pasarán distintas probas, depende do modo de xogo que elixamos.

En cada modo de xogo, xogaremos de maneira distinta pero o que é común é a baralla de cartas con 5 cores que representan as distintas partes do monstro: vermello (corpo), verde (ollos), rosa (boca), azul (nariz) e amarelo (un complemento).

COMO SE XOGA?

Explicámosvos o modo básico.

Cada xogador e xogadora terá un lápiz e un papel. Separamos as cartas por cores e colocamos os montóns na mesa separados. Cada xogador ou xogadora collerá unha carta de cada pila e no seu papel debuxará o seu monstro. Poderemos escribir as sílabas das cartas e formar o seu nome completo ou sumar os números de cada carta.

O xogador ou xogadora que consiga máis puntos gaña. 

Gústanos porque é un xogo sinxelo, con moitas variantes. Xogando desarrollamos o grafismo, a lectoescritura, linguaxe, atención, motricidade fina e conteo entre outras moitas habilidades. 

Recomendado para máis 3 anos.

De 1 a 10 xogadores. 

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.