Hipatia
Seremos axudantes de Hipatia, ilustre filósofa e científica de Alexandría.
Un xogo de cartas de maiorías no que seremos axudantes de Hipatia, a ilustre filósofa e científica de Alexandría. Teremos que axudala e sobrevivir á ira de Cirilio. O xogador ou xogadora que máis a axude gañará a partida. Viaxamos a Exipto?
COMO SE XOGA?
Os xogadores ou xogadoras colocarán en cada turno unha carta dos catro paos dispoñibles, estes representan as diferentes actividades que a filósofa realizou ao longo da súa vida.
Será no fin da partida cando o que obteña a maioría en solitario dun pao levará o marcador de puntos desa cor.
Ás maiorías súmase a ira de Cirilio que penaliza por xogar cartas moi altas e os poderes dos paus que activan efectos (roubar cartas, entregar fichas de ira, etc)
O xogador ou xogadora que planee os seus turnos con estratexia conseguirá as maiorías e así a victoria.
O xogo complétase con referencias históricas.
CONTIDO:
- 55 cartas
- marcadores de cartón
- Instrucións
Gústanos polo seu carácter divulgativo, a súa sinxeleza e diversión. Xogando desarrollamos a curiosidade e coñecementos de historia ou cultura, traballo en equipo, planificación i estrategia.
2D10 Juegos creación i edición de xogos de mesa.
Recomendado para máis de 12 anos.
De 2 a 4 xogadores.