Bellaflor
Quén axuda a Bellaflor a recolectar flores?
Para Bellaflor non hai nada máis divertido que pasar o día correndo polo campo recollendo flores. Un primeiro xogo sinxelo de dados e cores para iniciar aos máis pequenos nos xogos de mesa. Axudamos a Bellaflor?
COMO SE XOGA?
Colocamos o campo e Bellaflor en calquera casilla. Barallamos as flores e colocamolas boca abaixo. Xiramos dúas das flores e deixamolas boca arriba xunto á casa da cor correspondente no campo, se son da mesma cor poñeránse unha enriba da outra.
Xogamos por turnos, tiramos o dado e poderemos realizar dúas acións:
- Un, dous ou tres puntos: avanza bellaflor o número que indique o dado.
- Bellaflor: poderás mover a Bellaflor ata unha casa calquera.
A partida remata cando se repartiron todas as flores, gañará o que teña a torre de flores máis alta e recibirá unha coroa de flores.
CONTIDO:
- 1 Bellaflor
- 1 campo de flores
- 24 flores
- 1 dado
- Instruccións
Gústanos porque é un xogo con reglas sinxelas, divertido e rápido. Xogando desarrollamos a motricidade fina, a percepción visual, comprensión de reglas, turnos e toma de decisións.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado de 3 a 6 anos.
De 2 a 4 jugadores.