Catán
Ata onde chegará a túa capacidade de negociación?
Un dos xogos de mesa máis vendidos no que se precisan grandes dosis de astucia e negociación para colonizar unha illa, Catán, moi rica en recursos naturais. Tenremos que construir rutas comerciais, construir pobos entre outras cousas para lograr colonizar o territorio. Quén será o máis estratega e o negociador ou negociadora máis eficaz?
Un xogo que non pode faltar na túa ludoteca.
COMO SE XOGA?
Colocamos todos os compoñentes na mesa, frente a ti atoparase a illa que se compón de 19 hexágonos rodeados polo mar. O obxetivo é colonizar a illa pero só conseguen materias primas os xogadores que xa teñan construído un poblado ou cidade adxacente a estos terreos, pero coidado que tamén hai un deserto e ata cinco tipo de terreos que producen materias primas diferentes.
En cada partida se comeza cos dous poblados e 2 carreteras. Haberá que ser un hábil estratega e negociador para conseguir 10 puntos e alcanzar así a victoria.
CONTIDO:
- 19 hexágonos de terreo
- 18 fichas numeradas
- 95 cartas de materia prima
- 6 pezas de marco
- 1 figura de dragón
- 96 figuras de xogo
- 25 cartas de desarrollo
- 2 dados
- 6 tarxetas especiais.
- 2 portacartas
- Instruccións.
Gústanos porque estimula a estratexia, a planificación, resolución de problemas e negociación.
Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos países. Editora de xogos de mesa, entre outras cousas, desde 1985.
Recomendado para máis de 10 anos.
De 2 a 5 xogadores.