Set de praia Quut
Unha bolsa con tres xoguetes de Quut e horas de diversión na area.
Un set para desfrutar na praia de horas e horas de xogo. Todo nunha bolsa de rede para non levarnos a area á casa, un cubo Mini Ballo azul, un molde con forma de corazón e un cuppi. Poderán coller auga, realizar figuras e decoralas, construir un labirinto de bólas, colar auga, escribir na area, excavar, xogar a atrapar as bólas e incluso peneirar area. Non terás que cargar con tantos xoguetes e a próxima tempada poderán volver a xogar con eles xa que son resistentes e duradeiros. Sen BPA, nin tóxicos, nin látex. Lávanse fácilmente. Para xogar, crear e desfrutar na praia!
Gústanos porque fomenta a súa creatividade, o seu deseño compacto faino ideal para levar a cualquera lugar, incluso na maleta cando imos de vacacións. Favorece a coordinación, a motricidade e o xogo libre.
Quut é unha marca belga que deseña e fabrica xoguetes de calidade, avalados e testados por nenos e nenas. Resistentes, divertidos, pódense reciclar e orixinais, se os probas quererás telos todos. As súas premisas son imaxinación, diversión e calidade.
Recomendado para máis de 18 meses.