Paraugas máxicos
Cando se mollan cambian de cor
Paraugas transparentes con alegres e vivos deseños para protexerse da choiva. O seu plástico é resistente, os extremos das variñas están protexidos e a súa apertura é manual non automática protexida para evitar cortes. A súa estructura en forma de campá permite maior protección da choiva. Cando se mollan cambian de cor e unha vez secos volven á súa cor orixinal. Nunca foi tan divertido mollarse!
Medidas do paraugas aberto:
68 cm x 70 cm de diámetro.
Gústanos polo seu deseño, resistencia e durabilidade. Cómodo para os máis pequenos.
Djeco, unha marca francesa, que leva fabricando xoguetes desde o 1954. O seu deseño, calidade e variedade convertena nunha marca imprescindible. Os seus xoguetes de madeira, cartón ou tela se caracterizan pola súa calidade e o seu colorido. Os seus productos distribúense en máis de 60 países. Deseñado en Francia, fabricado en China.
Recomendado de 3 a 6 anos.