Friegas tú
Gústache fregar os cacharros? pois coidado que igual che toca.
Un divertido filler no que terás que xogar ben as túas cartas se queres librarte de fregar os caharros. Pero aínda que che te toque non te preocupes, fregar nunca foi tan divertido.
Gaña ,se libra de fregar, quen consiga acumular menos caharros sucios.
COMO SE XOGA?
Unha partida de Friegas Tú pode xogarse nunha soa ronda ou ao mellor de 3. Mestura ben as cartas, reparte 3 a cada participante e deixa o resto na mesa ao alcance de todos os participantes, éste será o mazo de roubo.
O centro da mesa convirtese no fregadeiro. Na túa quenda poderás:
- Colocar unha carta de cacharro. Se o fregadeiro está baleiro no centro, se xa hai cacharros no fregadeiro sempre terá que tocar un dos lados dalgunha carta que este xa colocada no fregadeiro. sempre cumplindo dúas condicións:
- O tamaño do fregadeiro non pode ser maior de 4x4.
- Ao colocar o teu cacharro ningunha das filas pode sumar más de 7.
Xogar unha carta especial:
- Paso de fregar, a túa quenda remata pero non fregas.
- Viene el casero: fregan todos menos tú.
- Tenemos visita: a fregar todos e todas.
- Fiesta en casa: en cada quenda haberá que colocar dúas cartas.
- Fregar todos os cacharros, é dicir, levar todas as cartas que forman o fregadeiro no centro da mesa.
Cando ninuén teña cartas na mán remata a partida. SE quedan cacharros por fregar colleraos o que teña menos cacharros acumulados.
Gaña a partida quen teña menos cartas.
CONTIDO:
- 54 cartas de caharros sucios
- 10 cartas especiais
- 1 reglamento
Gústanos porque xogando desarrollamos a estratexia, orientación espacial, atención, planificación, resolución de problemas e cálculo.
Recomendado para máis de 8 anos.
De 2 a 8 xogadores.