Noticias
Etiquetas
xogos de mesa, xogos de cartas, xogos educativos, xogos de lóxica, xogos roll and writte 0 Gústalle
4063 Visitas
0 Comentarios
Un curso diferente
Pero xogamos no cole
Esta semana mestres e mestras nos amosaron a súa inquietude por ter que perder o momento do xogo de mesa na aula. Preocupadas e preocupados polo que marca o protocolo de non compartir material, pedíronnos que lles axudaramos a buscar xogos que poideran dalgún modo empregar na aula e procurar un momento de lecer para os nenos e nenas sen poñer en risco a ninguén.
E nós como xogóns, e sobre todo como pais, sabedores dos benefiios que aportan aos nenos e nenas puxémonos ao lío.
Elaboramos unha pequena guía de xogos que se poderían adaptar a esta nova etapa Covid-19. Esperamos que vos sexa útil ou al menos aporte algunha idea que ilumine un pouco esta oscuridade.
Para o que precisades por estos lares nos atoparedes.
Xogos de mesa en tempos de covid
Ideas
Acetatos, fundas de carpeta, forro de libros ou calquera material transparente de fácil limpeza para taboleiros
Enfundar ou plastificar as cartas
Os compoñentes en madeira barnizada pódense pulverizar ou limpar cun pano húmido
Xogos individuais
Xogos de lóxica. A partir de 3 anos.
Preme para ver
Xogos de cartas con modo solitario
Preme para ver
Xogos en grupo sen moverse da cadeira
Roll and writte
Xogos narrativos
Xogos creativos
Xogos roll and writte
A mestra ou mestre, ou o encargado ou encargada tira os dados, saca as pezas ou cartas e o resto anota, escribe, debuxa ou realiza as accións permitidas dependendo do xogo, cada un ou cada unha no seu papel, pizarra ou material similar.
Ver produtos
Xogos creativos
Xogos con compoñentes visuais que favorecen e estimulan a imaxinación, a creatividade, tanto a nivel individual coma en grupo.
Ver produtos
Xogos narrativos
Contar historias, inventar contos ou imaxinar personaxes. Con poucos compoñentes poderemos viaxar entre fantásticas historias. Estimular a linguaxe ou traballar a lecto-escritura.
Ver produtos
Hai unha ampla selección de xogos, fundas e outros recursos que non veredes na nosa páxina web, non significa que non o teñamos.
Ti só pensa en xogar na túa aula. Do resto xa encargámonos nós.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.