Xogando na aula, aprender xogando

O xogo de mesa é un recurso moi útil e moi motivador dentro da aula, unha maneira divertida de aprender ou consolidar conceptos. Convertindo ao alumnado no protagonista do seu propio aprendizaxe.

Para todo isto podemos botar mán do ABX, unha metodoloxía que emprega os xogos de mesa como ferramenta de apoio para a aprendizaxe, adquisición de coñecementos i evaluación de contidos.

Cando xogamos e nos metemos no xogo estamos aprendendo, bebendo das súas mecánicas, dos seus contidos. Ao mesmo tempo desarrollamos capacidades, habilidades ou competencias. Xogamos, divertímonos, aprendemos e reflexionamos sobre o aprendido.

Afirma Francisco Mora:“La curiosidad enciende la emoción y el aprendizaje” no seu libro “Neuroeducación, sólo se puede aprender aquello que se ama”. É o xogo o lugar onte atopamos elementos que propón a neuroeducación.

imagealt

Os xogos de mesa estimulan o cerebro na área cognitiva, na área emocional e na área social. E ademáis son unha ferramenta para mellorar a plasticidade do noso cerebro poñendo en marcha as funcións executivas como a toma de decisións, o razoamento, o control inhibitorio, entre moitas outras.

Gracias aos xogos estas funcións poden desarrollarse de maneira lúdica incitando á curiosidade, retos persoais ou sociais levándonos a iniciar un Circuito DAS.

imagealt

Esta metadoloxía, o ABX, é tan ampla que nos permite axustala e implementala a varios niveis de espacio, aula, organización de centro, proxectos, curriculum e un longo etcétera.

Cando nos preguntades.

Cómo facemos para levala á aula?

A nosa primeira resposta é clara:

Xogar!

imagealt

Tedes que xogar, aprender a xogar, a analizar os xogos e así pasiño a pasiño poderedes ir creando a vosa ludoteca de aula. Unha vez que teñades superadas estas fases poderedes adaptar os xogos á aula.

Xa vedes é un mundo amplo no que paga a pena pararse a aprender para aprender a ensinar doutros modos.

Compartimos con vós algunha das nosas adaptacións á aula.

Algo está cambiando no modo de educar.

Queres probar?